Ascoli Piceno
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
País | Italia | ||||
Rexión | Marche | ||||
Provincias | Provincia de Ascoli Piceno | ||||
Capital de | |||||
Capital | Ascoli Piceno (en) | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 45.571 (2023) (288,39 hab./km²) | ||||
Lingua oficial | lingua italiana | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 158,02 km² | ||||
Bañado por | Castellano (en) e Río Tronto | ||||
Altitude | 154 m | ||||
Comparte fronteira con | Ancarano Castignano (pt) Appignano del Tronto (pt) Civitella del Tronto Roccafluvione (pt) Folignano (pt) Sant'Egidio alla Vibrata Acquasanta Terme (pt) Rotella (pt) Castel di Lama (pt) Valle Castellana Castorano (pt) Maltignano (pt) Colli del Tronto (pt) Venarotta (pt) | ||||
Santo padrón | Emídio (pt) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 63100 | ||||
Fuso horario | |||||
Prefixo telefónico | 0736 | ||||
Identificador ISTAT | 044007 | ||||
Código catastral italiano | A462 | ||||
Outro | |||||
Irmandado con | |||||
Sitio web | comuneap.gov.it |
Ascoli Piceno é a capital da provincia de Ascoli Piceno, na rexión das Marcas, Italia. Ten unha poboación de 50.135 habitantes.
Xeografía
[editar | editar a fonte]A cidade está situada na confluencia do río Tronto co torrente Castellano, e está rodeada por montañas. Dous parques naturais atópanse nas proximidades da cidade, un no flanco noroeste (Parco Nazionale dei Monti Sibillini), e outro no flanco sur (Parco Nazionale dei Monti della Laga). Ascoli está ben conectada por ferrocarril coa costa adriática e coa cidade de San Benedetto del Tronto, e por estrada con Roma e Porto d'Ascoli.
Historia
[editar | editar a fonte]Ascoli foi fundado polos Sabinos, varios séculos antes da fundación de Roma, sobre a importante Vía Salaria, a cal unía o Lacio coas áreas de produción de sal na costa Adriática. No ano 268 a.C. converteuse nunha civitas foederata, só nominalmente independente de Roma. En 91 a.C. rebelouse contra Roma xunto con outras cidades da Italia central pero en 89 a.C. foi conquistada e destruída por Pompeio Estrabón. En calquera caso, converteuse en parte integrante de Roma.
Durante a Idade Media foi devastada polos ostrogodos e logo polos longobardos do duque Faroaldo (578). Logo de case dous séculos como parte integrante do longobardo Ducado de Spoleto (593-789), Ascoli foi gobernada polos francos por medio de vigairos, aínda que en última instancia os bispos da Igrexa católica foron progresivamente gañando influencia e poder dentro da cidade.
En 1189 converteuse nunha república libre, pero as loitas internas conduciron á cidade á perda de valores cívicos e liberdade, e a empresas desafortunadas contra os inimigos veciños. Esta situación incerta abriu o camiño ao goberno de caudillos estranxeiros, como os de Galeotto Malatesta (século XIV), ao principio chamado á cidade como condotiero na guerra contra Fermo, e de Francisco Sforza.
Este último foi expulsado en 1482, pero Ascoli quedou baixo a soberanía papal. Ascoli viviu entón case dous séculos de estancamento cultural, económico, converténdose nun pequeno centro agrícola ata as guerras napoleónicas. En 1860 foi anexionado, xunto coas Marcas e a Umbría no Reino de Italia.
Monumentos principais
[editar | editar a fonte]O centro histórico da cidade está construído cun tipo de mármore chamado travertino, de tons grises e extraído das montañas circundantes. A súa praza central de estilo renacentista, a Piazza do Popolo, é considerada unha das máis fermosas de Italia. Segundo as tradicións, en Ascoli Piceno alzábanse máis de duascentas torres na Idade Media; hoxe aproximadamente cincuenta delas aínda se manteñen en pé.
Igrexas e conventos
[editar | editar a fonte]- A Catedral de San Emidio, alberga un altar de Carlo Crivelli, que viviu e traballou na cidade e arredores durante moitos anos.
- A igrexa de San Francisco, de estilo gótico, comezada en 1258 e completada en 1549. Na entrada lateral atópase un monumento ao papa Xulio II, mentres que a entrada central é un dos exemplos máis fino da decoración local travertina. Anexo á igrexa atópase un edificio do século XVI, a Loggia dei Mercanti, de estilo bramantesco.
- A igrexa románica de San Vitorio (coñecida desde 996) cunha fachada principal e un pequeno campanario.
- A igrexa de San Augustín (século XIV). Construída cunha soa nave, foi ampliada con dúas ás ao final do século XV. A fachada rectangular ten un pórtico de 1547 similar ao de San Emidio. Destacan tamén as casas conventuais, a biblioteca, a galería de arte contemporánea e un auditorio.
- O convento de Santo Domingo, agora unha escola, ten un claustro renacentista con frescos do século XVII.
- A igrexa de San Pedro Mártir (século XIII), cun pórtico lateral de Cola d'Amatrice. O interior contén o relicario da Espiña Sacra, un agasallo de Filipe IV de Francia.
- A igrexa de Santo *Tomás' (1069), albergando numerosos traballos artísticos e construído con partes do veciño anfiteatro romano.
- O convento franciscano, do que son dignos de mención os claustros que perduraron ata hoxe. Foi un prestixioso centro de cultura, entre cuxos estudantes destaca ao papa Sisto V.
- O Palazzo dei Capitani do Popolo (Palacio do Capitán do Pobo). Construído no século XII conectando tres edificios preexistentes, foi a sede do podestà, o capitán da xente e despois, do gobernador. No século XV o lado Sur foi ampliado e en 1520, unha fachada manerista engadiuse na parte traseira. En 1535 pasou por unha renovación xeral e en 1549 engadiuse un novo pórtico cun monumento do papa Paulo III.
Outros edificios
[editar | editar a fonte]- Ponte romana
- Palacio Lombardo e Torre Ercolani (séculos XI-XII)
- Fortezza Pia, unha fortaleza que preside a cidade, reconstruída en 1560 polo papa Pío IV (do que toma o nome).
- Fortaleza Malatesta, emprazada nun lugar probablemente ocupado anteriormente por uns baños romanos. Foi reconstruído por Galeotto Malatesta, señor de Rímini, durante a guerra contra Fermo. A construción, usada como un cárcere ata 1978, foi ampliada por Antonio Sangallo o Mozo en 1543.
En Castel Trosino, non lonxe da cidade, en 1893 achouse un raro exemplo dunha necrópole longobarda do século VI.
Economía
[editar | editar a fonte]A industrialización recente levou a varias empresas italianas e multinacionais (YKK, Manuli, Pfizer) a instalarse en Ascoli, pero a maior parte da economía baséase nas pequenas e medianas empresas clasificadas e no sector servizos. A agricultura é aínda importante (trigo, olivas, froitas).
Cultura e deporte
[editar | editar a fonte]A festividade principal é o primeiro domingo de agosto. En honra a San Emidio, patrón da cidade, celébrase un desfile histórico con máis de 900 persoas vestidas con traxes do Renacemento. O desfile é seguido dun torneo, chamado Quintana, en cal seis cabaleiros, cada un competindo por unha das seis veciñanzas da cidade, galopan un tras outro tratando de golpear a efixie dun guerreiro árabe. A forza e a habilidade son necesarias para o cabaleiro para gañar o palio, é dicir, o premio principal.
A cidade conta tamén cun equipo de fútbol, o Ascoli Calcio 1898, actualmente na Serie B da liga italiana.
Fraccións
[editar | editar a fonte]Ascoli Piceno divídese nas seguintes fraccións: Bivio Giustimana, Campolungo-vila sant'Antonio, Caprignano, Carpineto, Casa circondariale, Casalena, Casamurana, Case di Cioccio, Casette, Castel dei Lama stazione, Castel Trosino, Cervara, Colle, Colle san Marco, Colloto, Colonna, Colonnata, Faiano, Funti, Giustimana, Il Palazzo, Lago, Lisciano, Lisciano dei Colloto, Montadamo, Morignano, Mozzano, Oleificio Panichi, Palombare, Pedana, Piagge, Pianaccerro, Poggio dei Bretta, Polesio, Ponche Pedana, Porchiano, Rosara, San Pietro, Santa Maria a Corte, Talvacchia, Taverna dei mezzo, Trivigliano-vila Pagani, Tronzano, Val Fiorana, Val Senzana, Valli, Vea piccola, Venagrande, Vila S. Antonio.
Cidades irmandadas
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Ascoli Piceno |