[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Alita: Battle Angel

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Alita: Battle Angel
Ficha técnica
Título orixinalAlita: Battle Angel
DirectorRobert Rodriguez
Produtor
GuiónJames Cameron
Laeta Kalogridis
Baseado enGunnm de Yukito Kishiro
Intérpretes
MúsicaTom Holkenborg
FotografíaBill Pope[1]
Montaxe
Estudio
Distribuidora20th Century Fox[2]
EstreaOdeon Leicester Square: 31 de xaneiro de 2019
14 de febreiro de 2019
Duración122 minutos[4]
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroCiencia ficción e acción
Orzamento170 millóns de dólares[5]
Recadación405 millóns de dólares[5]
Na rede
https://www.foxmovies.com/movies/alita-battle-angel
IMDB: tt0437086 Filmaffinity: 504830 Allocine: 61280 Rottentomatoes: m/alita_battle_angel Mojo: alita Allmovie: v644548 Metacritic: movie/alita-battle-angel
Facebook: AlitaMovie Twitter: AlitaMovie Instagram: alitamovie Netlix: 80235021 Editar o valor en Wikidata

Alita: Battle Angel é un filme estadounidense de 2019 de xénero ciberpunk baseado na serie manga xaponesa Gunnm, de Yukito Kishiro e a súa animación orixinal de 1993 GUNNM. Foi dirixido por Robert Rodriguez e producido por James Cameron, quen coescribiu o guión con Laeta Kalogridis. Rosa Salazar protagoniza o filme interpretando con captura de movementos a Alita, unha ciborg que esperta nun corpo novo sen lembranzas do seu pasado e que se propón descubrir o seu destino. Christoph Waltz, Jennifer Connelly, Mahershala Ali, Ed Skrein, Jackie Earle Haley e Keean Johnson interpretan os papeis secundarios.

Annunciado en 2003, a produción foi repetidamente adiada por mor do proxecto de Cameron Avatar (2009) e as súas secuelas. Despois de anos en fase de desenvolvemento, Rodriguez foi anunciado como director de Alita en abril de 2016, con Salazar uníndose ó elenco o mes seguinte. A fotografía principal comezou en outubro de 2016 en Austin, Texas, a maioría no Troublemaker Studios de Rodriguez, e rematou en febreiro de 2017.

Alita: Battle Angel tivo a súa estrea internacional no Odeon Leicester Square o 31 de xaneiro de 2019, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 14 de febreiro de 2019 a través de 20th Century Fox nos formatos RealD 3D, Dolby Cinema, 4DX, ScreenX e IMAX 3D. É o primeiro filme producido por Lightstorm Entertainment dende Avatar. Recadou máis de 404 millóns de dólares en todo o mundo sobre un orzamento total de entre 350 e 500 millóns de dólares, incluíndo os cutos de distribución e mercadotecnia. Recibiu críticas dispares por parte da crítica.

Personaxes

[editar | editar a fonte]
  1. issuu.com (ed.). "Camera Operator Winter 2017". 
  2. 2,0 2,1 2,2 Variety Insight (ed.). "Film releases". Consultado o 30 de abril de 2017. 
  3. Jeremy Fuster (31 de xaneiro de 2019). "‘Alita: Battle Angel’ on Track to Become Fox’s Final Release – and a $200 Million Flop". TheWrap. Consultado o 5 de febreiro de 2019. 
  4. British Board of Film Classification (ed.). "Alita: Battle Angel (12A)". Consultado o 3 de maio de 2019. 
  5. 5,0 5,1 IMDb (ed.). "Alita: Battle Angel (2019)". Box Office Mojo. Consultado o 10 de maio de 2019. 
  6. O'Hara, Helen. "Alita: Battle Angel Trailer Breakdown". Empire. 
  7. Mueller, Matthew (3 de outubro de 2016). The Hollywood Reporter, ed. "'Luke Cage' Villain Mahershala Ali in Talks to Join James Cameron's 'Alita: Battle Angel' (Exclusive)". 
  8. Keys, Rob (13 de novembro de 2018). "James Cameron's Avatar Was Originally Written to be Rated R". Screen Rant. 
  9. Ben Travis; Nick De Semlyen (27 de novembro de 2018). "Alita: Battle Angel – Meet Cyborgs Zapan and Grewishka In Exclusive Images". Empire. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]