[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Alexia Muíños

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaAlexia Muíños
Nome orixinal(es) Alexia Muiños Ruiz Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1977 Editar o valor en Wikidata (46/47 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióndirectora de cinema, guionista, produtora, actriz Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm1997279 Editar o valor en Wikidata

Alexia Muíños Ruiz, nada na Coruña en 1977, é unha directora, produtora, guionista e actriz de cine galega.[1][2] En 2010, gañou o premio do público no 17º Festival Internacional Sguardi Altrove de Milán pola súa longametraxe Noche Transfigurada[3].

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Licenciouse en Ciencias Químicas na especialidade de Medio Ambiente. Completou a súa formación de Estudos Cinematográficos en Nova York. Compaxina o seu traballo de directora de cine coa docencia e como representante e directora adxunta de European Women's Audiovisual Network (EWA).[4][5]

Fundou a produtora Marineda Films en 2014.[6] É activista ante a desigualdade de xénero na industria do cine, sendo membro da Asociación de Mulleres Cineastas e de Medios Audiovisuais (CIMA), á cal representou en varios festivais internacionais para apoiar a visibilidade das cineastas en busca da igualdade na industria.[7][8]