[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Altiplano Cundiboyacense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «Altiplano cundiboyacense»)
Modelo:Xeografía físicaAltiplano Cundiboyacense
Imaxe
TipoMeseta Editar o valor en Wikidata
Localizado na área protexidaAmacayacu National Park (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaCundinamarca, Colombia, Boyacá, Colombia e Funza, Colombia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 5°31′56″N 73°21′46″O / 5.532209, -73.362877
Características
Altitude2.600 m Editar o valor en Wikidata
Mapa do altiplano.
Paisaxe típica do altiplano, preto de Arcabuco, Boyacá.

O Altiplano Cundiboyacense é unha meseta alta que se atopa na Cordilleira Oriental dos Andes colombianos, abranguendo partes dos departamentos de Cundinamarca e Boyacá. O altiplano corresponde co antigo territorio dos muiscas. O Altiplano Cundiboyacense comprende tres rexións chás distintivas; a sabana de Bogotá, os vales de Ubaté e Chiquinquirá e os vales de Duitama e Sogamoso. A altitude media do altiplano é de 2 600m por riba do nivel do mar, pero varía entre os 2 500m e os 4 000m.

O altiplano é o lugar onde se encontraron os tres conquistadores españois Gonzalo Jiménez de Quesada, Sebastián de Belalcázar e Nicolás de Federmann en 1538 despois da fundación hispánica de Santafé de Bogotá no lugar onde se atopaba a vila muisca de Bacatá. É un lugar arrodeado de numerosas montañas, na metade da Cordilleira Oriental. No sur, atópase a sabana de Bogotá, a chaira máis extensa de Colombia, tamén limita co Ermo de Sumapaz. Polo norte, limita coas montañas de Santander, polo leste limita coa cordilleira que a separa de Piedemonte llanero e polo oeste coa cordilleira que o separa do Valle del Magdalena.

Cidades do altiplano

[editar | editar a fonte]

Sobre o altiplano atópanse as cidades de Bogotá (capital de Colombia, do Distrito Capital e do departamento de Cundinamarca), Tunja, capital do departamento de Boyacá e distrito histórico, cultural e universitario e Zipaquirá, a cidade salineira de Colombia e posuidora da Catedral de Sal, a primeira das sete marabillas de Colombia.

Os lugares máis importantes do altiplano son: