[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Afixo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Sufixación e prefixación nas linguas do mundo.

Os afixos son partículas que se antepoñen (prefixos) ou pospoñen (sufixos) aos elementos básicos das palabras para modificar o seu significado, ben gramatical (afixos flexivos), ben léxico (afixos derivativos). Estes permítennos aumentar o número de palabras cun esforzo mínimo.

Algúns autores reservan o termo afixo para os morfemas derivativos e utilizan o termo desinencia para referirse a tódolos morfemas flexivos.

Os afixos son morfemas que se usan no proceso de derivación para formar novas palabras a partir doutras primitivas e así arriquecer unha familia léxica concreta. Engádense sempre ao lexema ou raíz.

Clasificación dos afixos

[editar | editar a fonte]
  • Prefixos: Van antepostos ás palabras; en galego, non poden alterar a súa categoría gramatical e só poden ser morfemas derivativos.
  • Sufixos: Van pospostos ás palabras; poden en galego alterar a súa categoría gramatical e ser morfemas flexivos. Xa que logo, os sufixos do galego adóitanse clasificar segundo as categorías da palabra resultante (sufixo substantivo, adxectival, verbal, adverbial) e da base de afixación (sufixo denominal, deadxectival, deverbal). Algúns exemplos:
    • Sufixos substantivos: cruel-dade (deadxectival), levanta-amento (deverbal).
    • Sufixos adxectivais: goz-oso (denominal), cant-ante (deverbal).
    • Sufixos verbais: fort-ificar (denominal e deadxectival).
    • Sufixos adverbiais: soa-mente.
  • Interfixos e infixos: O termo interfixo adóitase reservar para designar aqueles afixos carentes de significado que aparecen entre a base e o afixo nalgunhas palabras: rei-c-iño.
  • Circunfixos - Os circunfixos ou morfos descontinuos son morfemas que se engaden á vez ao principio e ao final dunha palabra, mediante unha operación chamada parasíntese. Este é o caso da palabra aparcar: posto que en galego non existen o verbo parcar nin o substantivo aparque, habemos de supoñer que esta palabra se creou engadindo o circunfixo a-...-ar á palabra parque.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]