[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Acrocephalus

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Acrocephalus é xénero de aves da orde dos paseriformes, suborde dos páseros, infraorde dos paséridos e superfamilia dos silvioideos, que é o tipo da familia dos acrocefálidos.[1]

Características

[editar | editar a fonte]

As especies deste xénero, que se denominan folosas,[2] son paxaros insectívoros que adoitan habitaren en zonas pantanosas, xunqueiras, e outras zonas húmidas, aniñando nos caules dos xuncos propios destes lugares.

A plumaxe da maioría delas é de cor parda ou parda olivácea, xeralmente uniforme, nas partes superiores, mentres que a das partes inferiores vai da amarela á abrancazada.

Distribúense por todo o mundo, excepto América e as zonas polares. Algunhas das especies son sedentarias, pero moitas, as que viven en zonas de clima temperado, efectúan migracións cara ao sur, para pasaren o inverno.

Moitas especies teñen un perfil de cabeza plano, o que contrasta (ou cointradí) co nome científico do grupo.

Taxonomía

[editar | editar a fonte]

Descrición

[editar | editar a fonte]

O xénero foi descrito en 1811 polos ornitólogos alemáns Johann Andreas Naumann e o seu fillo Johann Friedrich Naumann, na páxina 199 do seu traballo Naturgeschichte der Land- und Wasser-Vogel des nordlichen Deutschlands.[3]

Etimoloxía

[editar | editar a fonte]

O nome científico Acrocephalus está formado polos elementos do latín científico acro- e -cephalus, tirados dos termos do grego antigo ἄκρος ákros, "agudo", "acabado en punta", "extremo", "punta", e κεφαλή cephalḗ, "cabeza", respectivamente.
Semella que os Naumann, pai e fillo, considerban que a cabeza destes paxaros remataba en punta.[4]

Clasificación

[editar | editar a fonte]

Segundo o ITIS e a Zoonomen, o xénero conta coas 23 especies seguintes:[1][5]

Antigüidade

[editar | editar a fonte]

Restos fósiles fragmentarios do Mioceno tardío (de hai uns 11 millóns de anos) achados en Rudabánya (nordés de Hungría) mostran algunhas apomorfías típicas deste xénero.[6]

Tendo en conta esta idade tan temperá (a maioría dos xéneros da infraorde dos paséridos non se coñecen até o Plioceno), non é demasiado seguro que estea correctamente situado, pero é altamente probábel que pertenzan polo menos a un acrocefálido.

  1. 1,0 1,1 1,2 Alan P. Peterson (2017) Zoonomen Nomenclatural data. Consultada o 15 de abril de 2017.
  2. folosa no dicionario da RAG.
  3. Acrocephalus Naumann, JA & Naumann, JF, 1811 en Avibase.
  4. Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4.
  5. Acrocephalus J. A. Naumann & J. F. Naumann, 1811 no ITIS.
  6. Bernor R. L.; Kordos, L. & Rook L. (2002): "Recent Advances on Multidisciplinary Research at Rudabánya, Late Miocene (MN9), Hungary: a compendium" PDF. Palaeontographia Italica 89: 3–36.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]
  • del Hoyo, J.; Collar, N. J.; Christie, D. A.; Elliott, A.; Fishpool, L. D. C.; Boesman, P. & Kirwan, G. M. (2016): HBW and BirdLife International Illustrated Checklist of the Birds of the World. Volume 2: Passerines. Bellaterra (Barcelona): Lynx Edicions ISBN 978-84-96553-98-9.
  • Fregina, S.; Haasea, M.; Olsson, U. & Alström, P. (2009): "Multi-locus phylogeny of the family Acrocephalidae (Aves: Passeriformes) – The traditional taxonomy overthrown". Molecular Phylogenetics and Evolution 52 (3): 866–878. (Resume).
  • Olsson, U.; Rguibi-Idrissi, H.; Copete, J. L.; Arroyo Matos, J. L.; Provost, P.; Amezian, M.; Alström, P. & Jiguet, F. (2016): "Mitochondrial phylogeny of the Eurasian/African reed warbler complex (Acrocephalus, Aves). Disagreement between morphological and molecular evidence and cryptic divergence: A case for resurrecting Calamoherpe ambigua Brehm 1857". Molecular Phylogenetics and Evolution. 102: 30–44. (Resumo).

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]