Análise da varianza
En estatística, análise de varianza (ANOVA, segundo terminoloxía inglesa) é unha colección de modelos estatísticos e os seus procedementos asociados cos que comparar medias separando a varianza global observada en diferentes partes.
Visión xeral
[editar | editar a fonte]Existen tres tipos de modelos:
- O modelo de efectos fixos asume que o experimentador considerou para o factor tódolos posibles valores que este pode tomar. Exemplo: Se o xénero do individuo é un factor, e o experimentador incluíu tanto individuos masculinos como femininos, o xénero é un factor fixo no experimento.
- Os modelos de efectos aleatorios asumen que nun factor consideráronse tan só unha mostra dos posibles valores que este pode tomar. Exemplo: Se o método de ensinanza é analizado como un factor que pode influír sobre o nivel de aprendizaxe e tense considerado no experimento só tres dos moitos máis métodos posibles, o método de ensinanza é un factor aleatorio no experimento.
- Os modelos mixtos describen situacións onde están presentes ambos os tipos de factores: fixos e aleatorios.
A técnica fundamental consiste na separación da suma de cadrados (SS, 'sum of squares') en compoñentes relativos ós factores contemplados no modelo. Como exemplo, mostramos o modelo para un ANOVA simplificado cun tipo de factores en diferentes niveis. (Se os niveis son cuantitativos e os efectos son lineais, pode resultar apropiado unha análise de regresión lineal)
O número de graos de liberdade (gl) pode separarse de forma similar e correspóndese coa forma en que a distribución chi-cadrada describe a suma de cadrados asociada.
Modelo de efectos fixos
[editar | editar a fonte]O modelo de efectos fixos de análise da varianza aplícase a situacións nas que o experimentador someteu o grupo ou material analizado a varios factores, cada un dos cales aféctalle só á media, permanecendo a "variable resposta" cunha distribución normal.
Modelo de efectos aleatorios
[editar | editar a fonte]Os modelos de efectos aleatorios úsanse para describir situacións nas que ocorren diferenzas incomparables no material ou grupo experimental. O exemplo máis simple é o de estimar a media descoñecida dunha poboación composta de individuos diferentes e na que esas diferenzas se mesturan cos erros do instrumento de medición.
Graos de liberdade
[editar | editar a fonte]Por graos de liberdade entendemos o número efectivo de observacións que contribúen á suma de cadrados nunha ANOVA, isto é, o número total de observacións menos o número de datos que sexan combinación lineal doutros.
Probas de significación
[editar | editar a fonte]A análise de varianza leva á realización de probas de significación estatística, usando a denominada distribución F de Snedecor.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Introdución a ANOVA (en inglés).
- ANOVA en SixSigma First (en inglés).