A Clash of Kings
Aparencia
A Clash of Kings | |
---|---|
Título orixinal | A Clash of Kings |
Autor/a | George R. R. Martin |
Cuberta | Steve Youll |
Orixe | Estados Unidos |
Lingua | Inglés |
Colección | A Song of Ice and Fire |
Xénero(s) | Fantasía |
Editorial | Bantam Books (Estados Unidos) |
Data de pub. | Novembro de 1998 e marzo de 1999 |
Páxinas | 672 (RU tapa dura), 694 (USA tapa dura), 804 (RU tapa branda) 835 (USA tapa branda) |
ISBN | ISBN 0-553-10354-7 (USA tapa dura), ISBN 0-00-224584-1 (RU), ISBN 0-553-57340-3 (US tapa branda) |
Precedido por | A Game of Thrones |
Seguido por | A Storm of Swords |
Premios |
|
Na rede | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Clash of Kings ("Un choque de reis") é a segunda novela da serie fantástica A Song of Ice and Fire, do autor estadounidense George R. R. Martin. Foi publicada o 16 de novembro de 1998 no Reino Unido, e en marzo de 1999 nos Estados Unidos. Ó igual que o seu predecesor A Game of Thrones, gañou o Locus Award (en 1999) á mellor novela e foi nomeada para os Nebula Award (tamén en 1999). En maio de 2005, Meisha Merlin lanzou ó mercado edicións limitadas da novela, enteiramente ilustradas por John Howe.
A novela foi adaptada nunha serie de televisión da HBO como a segunda tempada de Game of Thrones.