Ciclióforos
Ciclióforos | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||||||
|
Os ciclióforos (Cycliophora, do grego κύκλος kýklos, "círculo", "roda" e φορός phorós "portador", é dicir, "os que levan rodas", debido a unha pequena coroa que rodea a boca de ditos organismos) son un filo de animais descuberto en 1995 por Reinhardt Kristensen e Peter Funch da Universidade de Copenhaguen na boca de Nephrops norvegicus (a cigala).[1]
Trátase dun grupo de seres mariños, triblásticos, acelomados, con simetría bilateral, que inclúe un único xénero, Symbion, con dúas especies descritas Symbion pandora e Symbion americanus.[2]A segunda das especies encontrouse na boca de Homarus americanus (o lumbrigante americano)[3] e aínda hai outras, de momento sen describir, encontradas na boca de Homarus gammarus (o lumbrigante).
Características
[editar | editar a fonte]Os zoólogos decidiron crear este filo xa que estes seres posúen un gran número de características que os diferencian doutros filos como a súa morfoloxía, a sexualidade etc., non encaixando con ningún dos actualmente existentes.
- Dende o punto de vista da súa sexualidade este grupo presenta unhas características propias como son a presenza de tres tipos de formas: unha de maior tamaño asexuada, uns machos máis pequenos unidos ás formas anteriores e unhas femias de tamaño intermedio.
- En canto ao aparato dixestivo, os individuos presentan un embude bucal cunha coroa de cilios na parte superior do tronco coa misión de atrapar o alimento. Ao seren transparentes, pódense apreciar no interior do seu corpo un tubo dixestivo que ten estrutura en U, estando o ano preto do embude.
- Na parte inferior do tronco obsérvanse xemas internas que corresponden a embrións en diferentes estados de desenvolvemento.
- O ciclo biolóxico pasa por unha fase asexual e outra fase sexual que acaba xerando unhas larvas que producen novos individuos asexuados.
- Viven adheridos as mandíbulas das cigalas (ou dos lumbrigantes, segundo as especies) mediante un curto pedúnculo que remata nun disco adhesivo.
- O seu tamaño e inferior a 1 mm de lonxitude.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ P. Funch & R. M. Christensen (1995): "Cycliophora is a new phylum with affinities to Entoprocta and Ectoprocta", Nature, 378: 711–714. [1]
- ↑ Obst, Matthias; Funch, Peter & Giribet, Gonzalo (2005-10-17). "Hidden diversity and host specificity in cycliophorans: a phylogeographic analysis along the North Atlantic and Mediterranean Sea". Molecular Ecology (en inglés) 14 (14): 4427–4440. doi:10.1111/j.1365-294X.2005.02752.x. Arquivado dende o orixinal o 18 de outubro de 2019. Consultado o 08 de abril de 2019.
- ↑ Neves, R. C.; Kristensen, R. M. e Wanninger A (2009): "Three-dimensional reconstruction of the musculature of various life cycle stages of the cycliophoran Symbion americanus". J. Morphol. 270 (3): 257–70. PMID 18937332.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Ciclióforos |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Peter Funch A Lobster's Microscopic Friend (Un amigo microscópico da lagosta) (en inglés) Consultada o 17/01/2013.
- Carmen Salas Casanova Cycliophora: un nuevo filo animal en los apéndices bucales de la cigala Nephrops norvegicus (Linnaeus, 1758) Arquivado 23 de decembro de 2009 en Wayback Machine. (en castelán) Consultada 0 17/01/2013.o