[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Crevillent

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaCrevillent
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 38°14′55″N 0°48′32″O / 38.2486, -0.8089
EstadoEspaña
Comunidade autónomaComunidade Valenciana
ProvinciaProvincia de Alacant
Comarca da Comunidade ValencianaBaixo Vinalopó Editar o valor en Wikidata
CapitalCrevillente (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación30.191 (2023) Editar o valor en Wikidata (288,91 hab./km²)
Lingua oficiallingua catalá (lingua predominante) Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie104,5 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude130 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Identificador descritivo
Código postal03330 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE03059 Editar o valor en Wikidata
Código ARGOS de concellos03059 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcrevillent.es Editar o valor en Wikidata

Crevillent é un concello do País Valenciano situado na comarca do Baix Vinalopó, na provincia de Alacant. A súa proximidade co municipio de Elx permítelle formar parte da área metropolitana de Alacant-Elx. Crevillent ten 28.432 habitantes (INE 2008).

As súas festas de Mouros e Cristiáns, xunto coa celebración da Semana Santa, foron declaradas Festas de Interese Turístico Nacional. Crevillent tamén destacou pola súa tradicional industria alfombreira, que lle conferiu o alcume de Ciutat de la Catifa (cidade da alfombra). Ao redor do 80% da poboación son valenciano-falantes.

Igrexa de Crevillent.
Termo municipal de Crevillent.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

Está situado entre a Serra de Crevillent e a veiga do Segura. Os seus límites son: ao norte, Asp e Fondó de les Neus; ao leste, Elx; ao oeste, Albatera; e ao sur, Catral. O seu termo municipal comparte o Parque Natural da Llacuna del Fondo.

Demografía

[editar | editar a fonte]

Evolución demográfica

[editar | editar a fonte]

O estudo da poboación de Crevillent, como xeralmente en todo País Valenciano, non se puido realizar dun modo periódico e seguro máis que a partir de 1857. A poboación ata 1609 estaba composta case totalmente de mouriscos ou cristiáns novos, isto é, musulmáns convertidos ao catolicismo, os máis á forza, entre 1521 e 1526, como consecuencia da revolta das Germanías.

Segundo o censo de Lapeyre (vila de Francia dos Altos Pireneos) de 1563, tiña 208 veciños, que co coeficiente de 1 veciño igual a 4,5 persoas, resultan ao redor de 936 habitantes. En 1602 había 1.777; en 1609, 1.800 habitantes; logo da expulsión dos mouriscos (1609) só quedou unha cuarta parte da poboación, e en 1646 había 873 habitantes, segundo Henri Lapeyre. En 1739 había en Crevillent 3600 habitantes e en 1794, 8100 habitantes.

Evolución demográfica de Crevillent[1]
1857 1887 1910 1920 1930 1940 1950 1960 1970 1981 1991 2001 2006 2008
Poboación 7.787 10.114 10.452 11.216 11.991 11.403 12.636 14.047 16.901 20.841 22.660 25.101 27.815 28.432

Demografía actual e inmigración

[editar | editar a fonte]

Segundo o censo do INE para o 2008, Crevillent ten 28.432 residentes, polo que é o 16º municipio da provincia en número de habitantes. O 12,3% da poboación censada no 2008 era de nacionalidade estranxeira, principalmente marroquí (1.879 censados, o 6,6% do total do municipio), aínda que tamén existe unha resaltable colonia de latinoamericanos, así como comunitarios, na súa maioría ingleses.[2]

Núcleos de poboación

[editar | editar a fonte]

Os habitantes atópanse repartidos polos diferentes núcleos de poboación do termo (datos de poboación segundo INE 2007):[3]

  • Crevillent (27.150 habitantes)
  • El Realengo (364 habitantes)
  • El Barri de l'Estació (64 habitantes)
  • El Racó dels Pablos (27 habotantes)
  • Sant Felip Neri (461 habitantes) (Núcleo de poboación onde non existe presenza histórica do catalán, ao igual que en Les Casiques) por ser unha Pía fundación do cardeal Belluga, nun proceso de repoboación a partir de xentes vidas dende Murcia. Dende 2007 procuran independizarse e ser considerados unha entidade local menor, situación que chegou a cometida de actos vandálicos contra a capital municipal)
  • Les Casiques (92 habitantes)

Sant Felip e Les Casiques son os únicos núcleos da comarca onde se fala castelán.

Economía

[editar | editar a fonte]

A industria téxtil foi a principal actividade económica de Crevillent. Esta industria xurdiu da artesanía do esparto e do xunco que proliferaba nos séculos XIX e XX. No mellor momento da industria téxtil había máis de 80 fábricas. Outros sectores que sufriron a mesma sorte son o do calzado, que substituíu a alpargata tradicional, a construción, a madeira, a metalurxia e a alimentación.

No seu campo cultivábanse alfarrobeiras, amendoeiras, cítricos, vide, figueiras, granados e hortalizas (25% de secaño, mentres que o regadío supón o 75%). Moitos destes campos están sendo urbanizados masivamente.

Crevillent é, xunto a Guardamar del Segura (aínda que con maior viveza que nesta última), a localidade máis meridional que conserva o valenciano como lingua habitual da gran maioría dos veciños. O dialecto local conserva algúns arcaísmos medievais, aínda que en xeral cumpre coas características do valenciano do sur de Alacant como son a caída do "r" final, por exemplo pujà, baixà por "pujar" ou "baixar") ou caída do "d" intervocálico (naal por "nadal"). O valenciano de Crevillent toma moitos castelanismos, debido á súa situación histórica nunha fronteira lingüística: ao sur e ao oeste de Crevillent atópase a comarca do Baix Segura, monolingüe en castelán, e de feito na pedanía crevillentina de Sant Felip Neri fálase só en castelán dende a súa fundación por colonos murcianos; ademais, ao norte atópase a localidade de Asp, tamén historicamente monolingüe en castelán.

Tralo valenciano tamén existe unha significativa comunidade lingüística de falantes de árabe debido á forte inmigración magrebí.

  1. Fonte: Poboación de feito segundo o Instituto Nacional de Estadística. Alteracións dos municipios nos Censos de Poboación dende 1842 Arquivado 11 de marzo de 2009 en Wayback Machine. Series de poboación dos municipios dende 1996. Arquivado 18 de abril de 2010 en Wayback Machine.
  2. Fonte: Explotación estatística do censo segundo o INE. Poboación por sexo, municipios e nacionalidade (principais nacionalidades). Arquivado 12 de xaneiro de 2008 en Wayback Machine.
  3. INE - Relación de unidades poboacionais