Chamaeleon
Chamaeleon | |
---|---|
Nome latino | Chamaeleon |
Abreviatura | Cha |
Xenitivo | Chamaeleontis |
Simboloxía | Camaleón |
Ascensión recta | 11 h |
Declinación | −80° |
Área | 132 graos cadrados
Rango 79 |
Número de estrelas
(magnitude < 3) |
0 |
Estrela máis brillante | γ Cha
(magnitude ap. 4,1) |
Choiva de meteoros |
Ningunha |
Constelacións
lindeiras |
|
Visible en latitudes entre +0° e −90°
Mellor visibilidade ás 21:00 (9 p.m.) durante o mes de Abril | |
Chamaeleon ou Camaleón[1] é unha constelación menor do Sur. A constelación foi unha das vinte constelacións creadas por Pieter Dirkszoon Keyser e Frederick de Houtman entre os anos de 1595 e 1597, e a súa primeira aparición foi no libro Uranometria de Johann Bayer de 1603.
Estrelas principais
[editar | editar a fonte]- α Chamaeleontis, estrela branco-amarela, a máis brillante da constelación con magnitude 4,05.
- γ Chamaeleontis, estrela xigante vermella, a segunda máis brillante con magnitude 4,09.
- δ Chamaeleontis, designación de Bayer utilizada para dúas estrelas distintas: δ1 Chamaeleontis, unha xigante laranxa de magnitude 5,46, e δ2 Chamaeleontis, subxigante branco-azulada de magnitude 4,45. Están separadas algo máis de 4 minutos de arco.
- ε Chamaeleontis, estrela dobre de magnitude 4,88, onde as súas compoñentes están moi preto entre si, están a unha distancia de 1 segundo de arco.
- θ Chamaeleontis, estrela dobre onde as compoñentes, de magnitudes 4,35 e 12,44, atópanse separadas 31 segundos de arco.
- OTS 44, anana marrón cun disco protoplanetario.
Outras estrelas con designación de Bayer
[editar | editar a fonte]- β Cha 4,24; ζ Cha 5,07; η Cha 5,46; ι Cha 5,34; κ Cha 5,04; μ Cha 5,53; μ2 Cha 6,60; ν Cha 5,43; π Cha 5,64
Estrelas con designación de Flamsteed
[editar | editar a fonte]- 9 Cha 6,05
Obxectos Notables do espazo profundo
[editar | editar a fonte]- NGC 3195 AR: 10h 09m 30.0s Dec: -80°52'00" (Época 2000). Nebulosa planetaria entre δ Chamaeleontis e ζ Chamaeleontis.
En 1999, un cúmulo aberto próximo á nós foi descuberto centrado na estrela η Chamaeleontis. O clúster, máis coñecido coma o Cúmulo Enta Chamaeleontis ou Mamajek 1, ten unha idade de 8 millóns de anos, e está a unha distancia de 316 anos luz da terra.[2] A constelación contén un número variado de nebulosas moleculares (as nebulosas escuras de Chamaeleon) que forman a masa difusa ou de baixa densidade das estrelas T Tauri. O complexo nebular comprende entre 400 a 600 anos luz da Terra, é contén decenas de miles de veces a masa do Sol en gas e po.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Cambados Márquez, Xoaquín Evaristo. "Algunhas notas referentes ó nome galego estándar das constelacións" (PDF). Consultado o 12 de outubro de 2016.
- ↑ Luhman, K.L. & Steeghs, D. 2004, ApJ, 609, 917
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]Commons ten máis contidos multimedia sobre: Chamaeleon |