Centrocercus
Centrocercus | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Centrocercus urophasianus | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||||||
|
Centrocercus é un xénero de aves da orde dos galiformes, familia dos fasiánidos e subfamilia dos tetraoninos.[1]
Comprede dúas especies que habitan zonas abertas de América do Norte.
Taxonomía
[editar | editar a fonte]Descrición
[editar | editar a fonte]O xénero foi descrito en 1832 polo naturalista inglés William John Swainson,[1] en FaunaBor.-Am. 2: 358-496.[2]
Especies e subespecies
[editar | editar a fonte]Actualmente recoñécense no xénero dúas especies,[1] coas subespecies que se indican:
- Xénero Centrocercus Swainson, 1832
- Centrocercus minimus J. R. Young, C. E. Braun, S. J. Oyler-McCance, J. R. Hupp & T. W. Quinn, 2000
- Centrocercus urophasianus (Bonaparte, 1827) [3]
- Centrocercus urophasianus phaios
- Centrocercus urophasianus urophasianus
Nota taxonómica
[editar | editar a fonte]O xénero tipo é Centrocercus urophasianus, que foi descrito en 1827 por Bonaparte en Zool .J. 3: 213, baixo o nome de Tetrao urophasianus Bonaparte,[4] sendo máis tarde reclasificado no xénero Centrocercus.
Hábitat e distribución
[editar | editar a fonte]Viven en pradarías en zonas abertas de América do Norte. A especie Centrocercus urophasianus ocupa unha ampla área no norte, centro e oesta dos Estados Unidos, así como nas provincias canadenses de Alberta e Saskatchewan.[5]
Pola contra, a área de dispersión de Centrocercus minimus está restrinxida a unhas pequenas zonas do oeste de Colorado e do sueste de Utah.[3]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ 1,0 1,1 1,2 Centrocercus Swainson, 1832 no ITIS.
- ↑ Centrocercus Swainson 1832 en Zoonomen.net
- ↑ 3,0 3,1 Young, J. R.; C. E. Braun; S. J. Oyler-McCance; J. W. Hupp & T. W. Quinn (2000): "A new species of sage-grouse (Phasianidae: Centrocercus) from southwestern Colorado". Wilson Bulletin 112 (4): 445–453.
- ↑ Centrocercus urophasianus (Bonaparte) 1827 en Zoonomen.net
- ↑ Greater Sage-Grouse urophasianus subspecies Arquivado 24 de agosto de 2017 en Wayback Machine. en Species at Risk Public Registry. Gubernment of Canada/Gouvernement de Canada.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikispecies posúe unha páxina sobre: Centrocercus |
Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Centrocercus na ADW.
- Centrocercus Swainson 1832 na EOL.
- Sage Grouse Protection en Biodiversity Consevarion Alliance (en inglés).