[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Casia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaCasia

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacementoc. 810 Editar o valor en Wikidata
Istambul, Turquía Editar o valor en Wikidata
Mortec. 865 Editar o valor en Wikidata (54/55 anos)
Istambul, Turquía Editar o valor en Wikidata
Abadesa
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
RelixiónIgrexa ortodoxa Editar o valor en Wikidata
Actividade
Campo de traballoPoesía, church‘s ministry (en) Traducir, monkish life (en) Traducir e hinologia (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Lugar de traballo Imperio Bizantino Editar o valor en Wikidata
Ocupacióncompositora, escritora de himnos, poetisa, monxa Editar o valor en Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa7 de setembro Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteAsian Women Artists: A Biographical Dictionary, 2700 BCE to Today
A Biographical Dictionary of the Celebrated Women of Every Age and Country Editar o valor en Wikidata
Musicbrainz: 9af5e6ba-6926-4524-aab5-36717ba35962 Editar o valor en Wikidata


Casia ou Casiani (en grego antigo: Κασσιανή), nada cara a 810 e finada antes de 865, foi unha compositora e poeta bizantina.[1] É a única muller coñecida na historia da música bizantina con obras na liturxia bizantina.[2] Foi abadesa dun convento no oeste de Constantinopla.

Casia é unha das únicas dúas mulleres do período bizantino medio que escribiron co seus propios nomes, xunto con Ana Comnena.[3] Como os seus predecesores, Romano o Mélodo e Andrés de Creta, os manuscritos máis antigos da súa obra son séculos posteriores ao seu pasamento.[4]

Consérvanse uns 50 himnos da súa autoría, a meirande parte deles stichera, aínda que existen dúbidas sobre a atribución de 26 deles.[1] Tamén se lle atribúen arredor de 261 epigramas e versos gnómicos.[5]

O seu nome é unha variante feminina do nome latino Cassius. En grego, existen diferentes formas de escribilo, como Κασ(σ)ία (Cas[s]ia), Εικασία (Eicasia) ou Ικασία (Icasia).

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Casia naceu entre o 805 e o 810 en Constantinopla, no seo dunha familia podente.[1] Tres cronistas bizantinos (Pseudo-Simeón, Xurxo o Monxe e León de Tesalónica) afirmaron que Casia participou no desfile de noivas organizado pola emperatriz Eufrosine para o seu fillo Teófilo, un festival mediante o cal os príncipes ou emperadores podían escoller unha prometida dándolles unha mazá de ouro. Engaiolado pola beleza de Casia, o novo emperador achegouse a ela e dixo "A través dunha muller emerxeron as cousas máis baixas", en referencia ao papel de Eva no pecado orixinal. Casia contestou "E grazas a unha muller emerxeron as mellores", en referencia á salvación pola encarnación de Cristo, nacido da Virxe María. Insatisfeito coa resposta, Teófilo rexeitouna e casou con Teodora.

Contra 843, Casia fundou un convento no oeste de Constantinopla, preto dos muros da cidade, do que foi primeira abadesa.[6] Tiña unha relación moi próxima co mosteiro de Studion, que tivo un papel central na reedición de libros litúrxicos bizantinos entre os séculos IX e X. Este mosteiro axudou a conservar as súas obras.

O emperador Teófilo foi un feroz iconoclasta, polo que Casia foi suxeita á persecución imperial pola súa defensa da veneración de iconas. Entre outros castigos, foi azoutada cun látego. Malia esta situación, Casia continuou coa súa vindicación da fe ortodoxa, afirmando: "odio o silencio cando é o momento de falar".[7]

Tras o pasamento de Teófilo en 842, o seu fillo Miguel III ascendeu ao trono do Imperio Romano Oriental, con Teodora actuando como Rexente. Xuntos, puxeron fin ao segundo período iconoclasta (814-842).

Casia viaxou por Italia, para despois asentarse na illa grega de Kasos, onde morreu entre 867 e 890. Na cidade de Panaghia, hai unha igrexa que alberga unha reliquia de Casia.[8]

Traducións

[editar | editar a fonte]

En castelán

[editar | editar a fonte]

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]