[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Calvos de Randín

Modelo:Xeografía políticaCalvos de Randín
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 41°54′17″N 7°52′32″O / 41.904722222222, -7.8755555555556
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
Provinciaprovincia de Ourense Editar o valor en Wikidata
CapitalCalvos Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación679 (2023) Editar o valor en Wikidata (6,95 hab./km²)
Xeografía
Parte de
Superficie97,7 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude893 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataAquilino Valencia Salgado (2019–) Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Calvos de Randín Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal32... Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE32016 Editar o valor en Wikidata

Sitio webcalvosderandin.com… Editar o valor en Wikidata

Calvos de Randín é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca da Limia. Segundo o padrón municipal, en 2015 tiña 922 habitantes (1242 en 2003). O xentilicio é calvense ou randinense.[1]

Demografía

[editar | editar a fonte]
Censo total 922 (2015)
Menores de 15 anos 33 (3,58 %)
Entre 15 e 64 anos 395 (42,84 %)
Maiores de 65 anos 494 (53,58 %)
Evolución da poboación de Calvos de Randín   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023
3650 3676 3429 2074 1212
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O concello, de 98 km², abrangue 9 parroquias. Está situado ao sur da provincia de Ourense, á beira das serras de Larouco, O Xurés e A Pena, acadándose nesta última os 1400 m de altitude. O municipio está atravesado polo río Salas, afluente do Limia, onde se construíu o encoro de Salas. Á súa vez, este río recibe as augas do río Firbeda.

É unha zona con clima oceánico de montaña, con fortes precipitacións e temperaturas baixas, se ben no verán adoita haber fortes secas.

A situación fronteiriza con Portugal marcou a evolución histórica do concello. As terras da Picoña tiñan a súa cabeceira no castelo da Picoña, derruído en 1650 por tropas castelás. No século XVIII a zona pertencía á xurisdición do conde de Lemos.

Historicamente, parte do seu territorio pertenceu ó Couto Mixto. Isto daba certos privilexios á súa poboación, como a exención de pagar tributos ás coroas de Portugal e Castela, a libre pertenza a un ou outro reino, e a elección dun alcalde. Estes dereitos abolíronse trala aplicación do Tratado de Lisboa de 1864.

O 22 de febreiro de 1944 tivo lugar o accidente de Monteagudo, no que un avión británico bateu contra un monte e sufriu un incendio, morrendo os seus seis ocupantes.

Patrimonio

[editar | editar a fonte]

Os xacementos humanos máis antigos datan do megalitismo, como as mámoas de Monte Meau e Forno da Tagurra (Golpellás), Penouces e A Chamuscada (Vila), As Lamas (Pintás), O Viso e A Mota Grande (Castelaus), Outeiro das Moas (Paradela) e As Rebouciñas (Padroso).

Da cultura castrexa son os poboados de Cidade de San Vitorio (Castelaus), Outeiro da Cerca (Lomear), O Castro (Rubiás), Penas Altas (Calvos) e A Picoña (Randín).

A igrexa parroquial de Santiago de Calvos é do século XIX, de estilo popular. A igrexa de San Xoán de Ranín é de estilo barroco, dos séculos XVII e XVIII. A igrexa de Santiago de Rubiás, sendo reconstruída no século XVIII, conserva na ábsida unha ventá románica de medio punto. A ermida do Neno Xesús é do século XVIII. A capela de Calvos é de recente construción. Hai varios petos de ánimas, en Calvos, Vilar, o Cruce de Padroso, Feás e Rubiás.

O pazo dos Tejada é dos séculos XVIII e o XIX. Ten a tipoloxía típica de pazo galego, con tres corpos conectados por unha solaina. O pazo de Randín é máis recente, se ben un dos seus corpos está actualmente destruído, tendo estrutura en L.

Dentro da arquitectura popular destacan os hórreos en Randín e Rioseco, cruceiros, fornos comúns, fontes, muíños, calzadas e pontes.

Fillo predilecto

[editar | editar a fonte]

Fillo adoptivo

[editar | editar a fonte]
[editar | editar a fonte]
  • A rola anda arrolando/ por riba dun bido seco/ que lle levaron o niño/ as mozas de Rioseco [6].
  • As mociñas de Padroso/ cando rapan as ovellas/ meten a la nos buratos/ para merca-las sortellas [7].
  • As mociñas de Padroso/ son poucas e mal honradas:/ ándanlle saíndo aos homes/ ás canellas apartadas [8].
  • As mociñas de Padroso/ son poucas e mal honradas:/ as pequenas xa pariron/ i as grandes andan preñadas [8].
  • As mociñas, as de Calvos,/ gastan dous pares de medias/ pra que lle digan os homes/ que gordas teñen as pernas [8].
  • As mociñas, as de Calvos,/ gastan reló de pulseira,/ en cambio as de Padroso/ gastan navalla barbeira [9].
  • Desde o Outeiro ás Nogueiras/ hai unha tranca no chau;/ a Antonia caiu nela/ i o Francisco deulle a mau [10].
  • Do outro lado do río/ sentín chorar e cantei:/ Santa Lucía en Vileriño,/ San Antonio en Recarei [11].
  • Enamorar, enamoreime/ alá no lugar das Ribas,/ a rapaza non me quere,/ dime que busque outra vida [12].
  • No lugarciño de Ribas/ hai unha cabalaceira/ que dá moitas calabazas/ i en cabo queda solteira [13]
  • O Ramonciño de Calvos/ tiña a gorriña esgazada;/ o Ramón a coser nela/ i a Carmela a esgazarlla [14].
  • Pasei pola Olivada,/ dei volta polo Cebreiro;/ as mociñas de Padroso/ todas andan ao carneiro [15].
  • Viva Calvos, viva Calvos,/ Viva Calvos de Randín,/ viva Calvos, viva Calvos,/ terriña donde eu nacín [16].

Goberno municipal

[editar | editar a fonte]

En 2010 catro edís do PPdeG co apoio do ex-edil do PSdeG José Manuel Andrade presentaron unha moción de censura ao alcalde Aquilino Valencia. A moción non chegou a prosperar porque os veciños impediron a entrada dos censurantes ao pleno. Unha reclamación posterior por vía xudicial rematou co pronunciamento do Xulgado ordenando que se repita o pleno.

Galería de imaxes

[editar | editar a fonte]

Parroquias

[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Calvos de Randín

Calvos (Santiago) | Castelaus (San Martiño) | Feás (San Miguel) | Golpellás (San Xoán) | Lobás (San Vicente) | Randín (San Xoán) | Rioseco (Santa Mariña) | Rubiás dos Mixtos (Santiago) | Vila (Santa María)

Lugares de Calvos de Randín

[editar | editar a fonte]

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Calvos de Randín vexa: Lugares de Calvos de Randín.

  1. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega (PDF). Vigo: Universidade de Vigo. p. 43. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  2. "Sobrado Palomares echa sus raíces en Calvos de Randín". 07/05/2023. Consultado o 07/05/2023. 
  3. "Alfonso Sobrado Palomares recibiu o agradecemento dos veciños de Calvos de Randín". 07/05/2023. Consultado o 07/05/2023. 
  4. "O pleno de Calvos de Randín nomea a Luis García Mañá fillo adoptivo polo seu apoio ao Couto Mixto". 30/12/2007. Consultado o 07/05/2023. 
  5. "Nomeamento de Luís García Mañá como fillo adoptivo de Calvos de Randin". Galeguizar Galicia. Consultado o 07/05/2023. 
  6. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 45. No orixinal: de un. Este Rioseco ten que ser lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, concello de Calvos de Randín.
  7. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48. No orixinal: lá, mercalas. Padroso é lugar da parroquia de Santa Mariña de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.
  8. 8,0 8,1 8,2 Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48.
  9. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 48.
  10. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 69. Nogueiras é lugar da parroquia de Santiago de Calvos, no concello de Calvos de Randín; na mesma parroquia hai o lugar de Outeiro.
  11. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 72. No orixinal: cantén. Vileriño será localismo por Vilariño, que en Ourense pode ser lugar da parroquia de San Xoán de Randín, no concello de Calvos de Randín; lugar da parroquia de Santa Cristina de Monte Longo, en Lobeira; ou San Xes de Vilariño, parroquia do mesmo concello. Recarei é lugar da parroquia e concello de Bande.
  12. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 74. Pode tratarse do lugar de Ribas de Araúxo, na parroquia e concello de Lobios, se ben Xaquín Lorenzo fala doutro Ribas en Calvos de Randín (hoxe non hai tal no Nomenclátor).
  13. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 109. Tampouco se identifica a que Ribas se refire.
  14. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 123. Pode referirise a Santiago de Calvos, parroquia de Bande, ou ó concello de Calvos de Randín.
  15. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 129. No orixinal: paséi. Xaquín Lorenzo non inclúe o lugar da Olivada no seu índice toponímico, e tampouco aparece no Nomenclátor; Padroso é lugar da parroquia de Rioseco, no concello de Calvos de Randín.
  16. Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 162.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.