Catedral de Xirona
Catedral de Xirona | |
---|---|
Fachada da catedral. | |
Datos xerais | |
País | España |
Rexión | Cataluña |
Tipo | Catedral |
Advocación | Santa María |
Localización | Xirona |
Coordenadas | 41°59′15″N 2°49′35″L / 41.9875, 2.82638889 |
Catalogación | Monumento histórico |
Culto | |
Culto | Igrexa Católica |
Diocese | Diocese católica latina de Xirona |
Arquitectura | |
Construción | XI-XII, XIV-XVII, XVII-XVIII |
Estilo | Románico, gótico |
Medidas | 85 x 90 m |
Páxina web | catedraldegirona.org |
[ editar datos en Wikidata ] |
A Catedral de Santa María de Xirona (en catalán: Catedral de Santa Maria de Girona) é a sede catedralicia da diocese católica latina de Xirona e o meirande templo cristián do bispado e da provincia homónima. Os bispos da diocese de Xirona están documentats dende o ano 516. Segundo algúns documentos do século VII, o seu culto era equiparable ó das dioceses de Toledo e Sevilla. Durante a ocupación musulmá, entre os anos 715 e 785 foi transformada nunha mesquita.[1] A súa maior particularidade é que ten a nave gótica máis ampla do mundo, de 22,98 metros,[2][3] que é de feito a nave máis ampla de calquera estilo, agás a da basílica de San Pedro, que ten vinte cinco metros. Situada estratexicamente no núcleo central da cidade antiga, coñecido como "Força Vella", coincide co trazado urbano de Gerunda, asentamento da época romana da que aínda hai mostras da muralla na actual praza da catedral.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ M. Lluïsa Ramos, Anna Pérez, Xavier de Juan: Catedrals, monestirs i grans edificis religiosos, 2005, Edicions Geoestel, ISBN 84-96295-15-X
- ↑ Catedral de Xirona (ed.). "Història de la catedral: Història". Arquivado dende o orixinal o 12 de maio de 2010. Consultado o 31 de xaneiro de 2011.
- ↑ Diocese de Xirona (ed.). "Catedral de Xirona". Arquivado dende o orixinal o 05 de setembro de 2011. Consultado o 11 de outubro de 2011.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Catedral de Xirona |
Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Páxina oficial Arquivado 12 de outubro de 2014 en Wayback Machine. (en catalán)