[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Copa Korać

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Competición deportivaCopa Korać
Imaxe
Tipocompetición deportiva Editar o valor en Wikidata
Deportebaloncesto Editar o valor en Wikidata
EpónimoRadivoj Korać Editar o valor en Wikidata
Número de participantes67 Editar o valor en Wikidata
Localización  e  Datas
Vixencia1971 – Editar o valor en Wikidata
Intervalo de tempo– 2002 Editar o valor en Wikidata
Período de ocorrencia1 ano Editar o valor en Wikidata
Outro
Páxina web oficialfibaeurope.com… Editar o valor en Wikidata

A Copa Korać é o nome que recibiu unha das competicións europeas de clubs de baloncesto organizadas pola Federación Internacional de Baloncesto (FIBA). O torneo concibiuse en 1971 e disputou os seus primeiros partidos o 4 de xaneiro de 1972. Foi bautizada como Korać en homenaxe ao baloncestista iugoslavo Radivoj Korać, un grande xogador do OKK Belgrado que finara en 1969 nun accidente de tráfico aos 30 anos. O trofeo foi ofrecido polo OKK e tódolos beneficios xerados pola competición foron destinados á fundación que se creou no seu nome.

Na súa primeira edición, celebrada na tempada 1971-72, foron convidados a participar só oito equipos: dous da liga española (Bàsquet Manresa e Picadero Jockey Club), dous franceses (Olympique d'Antibes Basket e Caen BC), dous iugoslavos (Lokomotiva Zagreb e OKK Belgrado), un belga (Standard BC) e un alemán (USC München). A final, disputada a dobre partido (ida e volta), foi gañada polo Lokomativa (actualmente Cibona) ante o OKK Belgrado.

Nas seguintes edicións ampliouse o número de participantes e o formato de competición foi variando ao longo dos anos, de xeito que puideran participar nunha competición europea os clubs mellor clasificados de cada país que non puidesen competir na Copa de Europa nin na Recopa.

A competición deixou de celebrarse ao remate da tempada 2001-02 a causa da crise do baloncesto europeo propiciada pola escisión entre a FIBA e a Unión de Ligas Europeas de Baloncesto (ULEB). Ese ano optouse por suprimir a competición ao tomar partido pola ULEB os principais clubs do continente.

Porén, a ULEB creou un ano despois unha nova competición, a Copa ULEB, que recolleu a testemuña da Copa Korać.

Historial

[editar | editar a fonte]

Final a dobre partido (1972-1976)

[editar | editar a fonte]
Tempada Sede Campión Subcampión Resultados
1971-72 Belgrado & Zagreb KK Lokomotiva OKK Belgrado 71-83 e 94-73
1972-73 Cantú & Malinas Italia Pallacanestro Cantù Bélxica Racing Mechelen Basket 106-75 e 85-94
1973-74 Cantú & Belgrado Italia Pallacanestro Cantù KK Partizan 99-86 e 75-68
1974-75 Barcelona & Cantú Italia Pallacanestro Cantù Cataluña FC Barcelona 71-69 e 110-85
1975-76 Split & Turín Jugoplastika Split Italia Auxilium Pallacanestro Torino 97-84 e 82-82

Final a Partido Único (1977-1985)

[editar | editar a fonte]
Tempada Sede Campión Subcampión Resultado
1976-77 Xenebra Jugoplastika Split Italia Fortitudo Bologna 87-84
1977-78 Banja Luka KK Partizan KK Bosna 117-110
1978-79 Belgrado KK Partizan Italia AMG Sebastiani Rieti 108-98
1979-80 Liexa Italia AMG Sebastiani Rieti KK Cibona 76-71
1980-81 Barcelona Cataluña Joventut de Badalona Italia Pallacanestro Venezia 105-104
1981-82 Padua Francia CSP Limoges KK Šibenik 90-84
1982-83 Berlín Francia CSP Limoges KK Šibenik 94-86
1983-84 París Francia ÉB Pau-Orthez KK Estrela Vermella 97-73
1984-85 Bruxelas Italia Olimpia Milano Italia Pallacanestro Varese 91-78

Final a Dobre Partido (1986-2002)

[editar | editar a fonte]
Tempada Sede Campión Subcampión Resultados
1985-86 Caserta & Roma Italia Pallacanestro Virtus Roma Italia Juvecaserta Basket 84-78 e 73-72
1986-87 Barcelona & Limoges Cataluña FC Barcelona Francia CSP Limoges 106-85 e 97-86
1987-88 Madrid & Zagreb España Real Madrid CF Cibona Zagreb 102-89 e 93-94
1988-89 Cantú & Belgrado KK Partizan Italia Pallacanestro Cantù 76-89 e 101-82
1989-90 Pésaro & Badalona Cataluña Joventut de Badalona Italia Victoria Libertas Pesaro 99-98 e 96-86
1990-91 Madrid & Cantú Italia Pallacanestro Cantù España Real Madrid CF 73-71 e 95-93
1991-92 Roma & Pésaro Italia Pallacanestro Virtus Roma Italia Victoria Libertas Pesaro 94-94 e 99-86
1992-93 Roma & Milán Italia Olimpia Milano Italia Pallacanestro Virtus Roma 95-90 e 106-91
1993-94 Tesalónica & Trieste Grecia PAOK Italia Pallacanestro Trieste 75-66 e 100-91
1994-95 Milán & Berlín Alemaña ALBA Berlin Italia Olimpia Milano 87-87 e 85-79
1995-96 Istambul & Milán Efes Pilsen SK Italia Olimpia Milano 76-68 e 70-77
1996-97 Bursa & Tesalónica Grecia Aris Tesalónica BC Tofaş S.K. 66-77 e 70-88
1997-98 Verona & Belgrado Italia Scaligera Basket Verona RF Iugoslavia KK Estrela Vermella 68-74 e 64-73
1998-99 Madrid & Barcelona Cataluña FC Barcelona España CB Estudiantes 77-93 e 97-70
1999-00 Limoges & Málaga Francia CSP Limoges España Unicaja Málaga 80-58 e 51-60
2000-01 Málaga & Vrsac España Unicaja Málaga Serbia e Montenegro KK Hemofarm 77-47 e 71-69
2001-02 Nancy & Rostov Francia SLUC Nancy Lokomotiv Kuban 98-72 e 74-95

Palmarés

[editar | editar a fonte]
Equipo Títulos Anos campión
Italia Pallacanestro Cantù 4 1972-73, 1973-74, 1974-75 e 1990-91.
KK Partizan 3 1977-78, 1978-79 e 1988-89.
Francia CSP Limoges 3 1981-82, 1982-83 e 1999-00.
Croacia KK Split 2 1975-76 e 1976-77.
Cataluña Joventut de Badalona 2 1980-81 e 1989-90.
Italia Pallacanestro Virtus Roma 2 1985-86 e 1991-92.
Italia Olimpia Milano 2 1984-85 e 1992-93.
Cataluña FC Barcelona 2 1986-87 e 1998-99.
Croacia KK Cibona 1 1971-72.
Italia AMG Sebastiani Rieti 1 1979-80.
Francia ÉB Pau-Orthez 1 1983-84.
España Real Madrid 1 1987-88.
Grecia PAOK 1 1993-94.
Alemaña ALBA Berlin 1 1994-95.
Efes Pilsen S.K. 1 1995-96.
Grecia Aris Tesalónica BC 1 1996-97.
Italia Scaligera Basket Verona 1 1997-98.
España Unicaja Málaga 1 2000-01.
Francia SLUC Nancy 1 2001-02.
Títulos País Equipos
10 Italia Italia Pallacanestro Cantù (4), AMG Sebastiani Rieti, Olimpia Milano (2), Pallacanestro Virtus Roma (2), Scaligera Basket Verona
6 España España Joventut Badalona (2), FC Barcelona (2), Real Madrid, Unicaja Málaga
5 Francia CSP Limoges (3), ÉB Pau-Orthez, SLUC Nancy
3 Croacia Croacia KK Cibona, KK Split (2)
3 Serbia Serbia KK Partizan
2 Grecia Grecia PAOK, Aris Tesalónica
1 Turquía Turquía Efes Pilsen S.K.
1 Alemaña Alemaña ALBA Berlin

Adestradores

[editar | editar a fonte]
Adestrador Títulos Anos
Italia Arnaldo Taurisano 3 1972-73, 1973-74 e 1974-75.
Croacia Petar Skansi 2 1975-76 e 1976-77.
Francia Pierre André Buffière 2 1981-82 e 1982-83.
España Aíto García Reneses 2 1986-87 e 1998-99.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]