[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Contraste (visión)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
O rectángulo da dereita ten máis contraste que o da esquerda.

O contraste defínese como a diferenza relativa de intensidade entre un punto dunha imaxe e o seu contorno. Todos os obxectos percíbense polos contrastes de cor e luminancia que mostran as distintas partes da superficie en cuestión e en relación co fondo no que aparece o obxecto.[1]

Para niveis suficientemente altos de iluminación, o ollo normal é sensíbel ás cores, mentres que para niveis baixos de iluminación, os obxectos percíbense principalmente polo contraste de luminancias que presentan en relación co fondo.

Un exemplo sinxelo é o contraste entre un obxecto de brillo constante sobre un fondo de brillo constante. Se ambas as superficies teñen a mesma luminosidade, o contraste será cero e o obxecto será indistinguible tanto física como sensorialmente do fondo. A medida que aumenta a diferenza de luminosidade, o obxecto será perceptivamente distinguíbel do fondo unha vez que se alcance o limiar de contraste, que é arredor do 0,3% de diferenza de luminosidade (por exemplo: Legge & Kersten, 1987).

En belas artes, o termo non se aplica só ao cromatismo ou intensidade lumínica, senón á oposición intencionada entre diversos elementos dun conxunto, de maneira que resalten as súas calidades peculiares de forma evidente. En pintura, estas calidades ademais de luz e cor poden ser de volume, forma, etc.[2]

  1. Diccionario de Arte I. Barcelona: Spes Editorial SL (RBA). 2003. p. p.136. ISBN 84-8332-390-7. 
  2. "contraste (belas artes)". aplicacions.usc.es; bUSCatermos. Consultado o 2024-07-28. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]