[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

VG-4.8

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirección desde «CG-4.8»)
VG-4.8
Variante Norte de Poio
Mapa
Vía para automóbiles VG-4.8
ID antigo
Identificador
TipoloxíaVía para automóbiles
RedeRede de estradas de Galicia
Titular da vía
Xunta de Galicia

Dimensións
Lonxitude3,10 km
Formato1 carril por sentido
Localización
Inicio PO-531  Campañó
Fin PO-535   Mosteiro de Poio 
Circulación
TránsitoRodado, non peonil
Velocidade máxima
Restricións viarias

A VG-4.8 ou Variante Norte de Poio[1][2] (na provincia de Pontevedra), é unha vía para automóbiles da Xunta de Galicia que une as localidades de Campañó (Pontevedra) e o Mosteiro de Poio (Poio); atravesa os concellos de Pontevedra e Poio. Ten unha lonxitude de 3,10 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa PO-531 en Campañó (Pontevedra) e finaliza nun cruzamento coa PO-535 no Mosteiro de Poio (Poio).

Percorrido

[editar | editar a fonte]

Inicia na rotonda da estrada PO-531 no lugar do Cachapal (concello de Pontevedra), con 2 direccións, unha cara a norte ao lugar de San Caetano (mesmo concello) e outra cara a sur a Pontevedra, seguindo á ligazón da estrada EP-0017 con 2 direccións, unha cara a norte ao lugar de Cabaleiro (mesmo concello) e outra cara a sur ao lugar do Vao (concello de Poio) e remata na rotonda da estrada PO-535 no lugar do Convento (mesmo concello) con 3 direccións, unha cara a norte á estrada EP-0606 con dirección ao lugar de Arís (mesmo concello), outra cara a sur ao mosteiro de Poio e outra cara a suroeste (estrada PO-535) á estrada PO-308 con dirección ao lugar da Seara (mesmo concello).

As primeiras obras iniciaron en outubro de 2002[3] e foi inaugurado en 2004[4] como viario para evitar a travesía de Poio desde a estrada PO-531 ata a estrada PO-308 co rodeo duns 6,8 quilómetros.

Denominación Treito Kms Ano servizo
 VG-4.8   PO-531  Campañó -  PO-535  Mosteiro de Poio 3,1 2004[4]
  1. "CATÁLOGO DE ESTRADAS DA REDE AUTONÓMICA DE ESTRADAS DE GALICIA (RAEGA) -XUÑO 2021-" (PDF). Consultado o xuño de 2021. 
  2. "Listado RAEGA" (PDF). Consultado o xuño de 2023. 
  3. "Cuíña reduce en un año la previsión para concluir la variante Norte de Poio". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 4 de outubro de 2002. 
  4. 4,0 4,1 "La alternativa norte reducirá en un 30% el tráfico diario en A Barca". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 28 de novembro de 2004.