[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

Pescara

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Revisión feita o 29 de setembro de 2024 ás 05:02 por InternetArchiveBot (conversa | contribucións) (Recuperando 1 fontes e etiquetando 0 como mortas.) #IABot (v2.0.9.5)
(dif) ← Revisión máis antiga | Revisión actual (dif) | Revisión máis nova → (dif)
Modelo:Xeografía políticaPescara
Vista aérea
Fotomontaxe
Imaxe

Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 42°27′51″N 14°12′51″L / 42.464278, 14.214189
PaísItalia
RexiónAbruzzo
ProvinciasProvincia de Pescara Editar o valor en Wikidata
Capital de
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación118.657 (2023) Editar o valor en Wikidata (3.453,35 hab./km²)
Xeografía
Superficie34,36 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porAterno-Pescara (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude11 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Evento clave
14 de maio de 1944Bombing of Pescara in World War II (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Santo padrónCetteus (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataMarco Alessandrini (en) Traducir (2014–) Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal65121–65129 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico085 Editar o valor en Wikidata
Identificador ISTAT068028 Editar o valor en Wikidata
Código catastral italianoG482 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webcomune.pescara.it Editar o valor en Wikidata
BNE: XX455208

Pescara (/peˈskaːra/, Pescàrë en dialecto abruzo, Piscàrë en pescarese[1]) é unha cidade italiana de 120 286 habitantes,[2] capital da provincia de Pescara, na rexión dos Abruzos, no centro de Italia. Esténdese por unha área de 34 km², é a cidade máis poboada dos Abruzos, con 125 717 habitantes (2017) (e aproximadamente 450 000 incluíndo a área metropolitana circundante). Situada na costa do Adriático na desembocadura do río Aterno-Pescara, o municipio actual formouse en 1927, uníndose ao municipio de Pescara, a parte da cidade ao sur do río (pertencente á provincia de Chieti), e Castellamare Adriatico (da provincia de Teramo), a parte da cidade ao norte do río. A área circundante forma a provincia de Pescara. O poeta Gabriele D'Annunzio, nado nesta cidade, foi un dos principais impulsores da creación da nova cidade.

As orixes de Pescara son anteriores á conquista romana. O nome, tanto de ámbalas dúas cidades coma o do río, era Aternum.​ Estaba unida a Roma pola Vía Claudia Valeria e a Via Tiburtina. A cidade era un porto importante para o comercio coas provincias orientais do Imperio e o principal edificio na cidade era o templo de Jovis Aternium.

A principal rúa comercial da cidade é Corso Umberto I, que vai desde a Piazza della Repubblica e chega á praia de Piazza Primo Maggio . O rectángulo que forma con Corso Vittorio Emanuele II e Via Nicola Fabrizi inclúe o principal distrito comercial onde se atopan varias das mellores tendas de moda. O Corso Manthonè, o curso do vello Pescara, foi durante moitos anos o centro da vida nocturna da cidade. O Concello e a administración da provincia atópanse na Piazza Italia, preto do río, e no área entre aquí e as facultades de Economía, Arquitectura, Linguas Estranxeiras e Literatura da Universidade G. d'Annunzio ao sur, un barrio de negocios creceu ao longo dos anos. Ao sur inmediato da desembocadura do río atópase a mariña. Pescara tamén ten un importante aeroporto internacional chamado Aeroporto de Abruzzo e un dos máis importantes e principais portos turísticos do Mar Adriático e de Italia, o Porto de Pescara.

A cidade ten un equipo de fútbol, ​​Pescara Calcio 1936, que en xuño de 2012 ascendeu á Serie A, a máxima división do Fútbol en Italia.

Pescara acolleu os Xogos Mediterráneos de 2009, derrotando a Rijeka en Croacia e Patras en Grecia para o privilexio.

Entre 1924 e 1961, Pescara acolleu a carreira automobilística Coppa Acerbo, que en 1957 foi a penúltima rolda do Campionato Mundial de Fórmula 1.

Desde 2011 a edición italiana do Ironman 70.3 ten lugar na cidade de Pescara, escollida polas características do territorio, pola posibilidade de construír unha competición que parte do mar continúa cara ás montañas e remata no centro da cidade.[3]

  1. AA.VV. (1996). Dizionario di toponomastica. Storia e significato dei nomi geografici italiani (en italiano). Milán: GARZANTI. 
  2. "Popolazione residente al 30 novembre 2017" (en italiano). Arquivado dende o orixinal o 16 de xullo de 2018. Consultado o 13 de febreiro de 2018. 
  3. "IRONMAN 70.3 Italy". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2018. Consultado o 13 de febreiro de 2018. 

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]

Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.