Odio
Aparencia
O odio é un sentimento humano que se expresa a través dunha fonda aversión, antipatía ou repugnancia cara a un ser vivo, grupo, situación, fenómeno ou cousa. Comunmente considerado o oposto ao amor, os dous teñen en común a súa intensidade e o seu ímpeto.
Tipoloxía
Entre as diversas formas de odio atópase a misoxinia que é o odio ás mulleres; a misandria, o odio aos homes; a misantropía, o odio á raza humana; o odio cara a unha nación, relixión ou raza por exemplo o antisemitismo; misoloxía, o odio á razón.