[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

vulto

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
  • Pronuncia: /ˈvul.to/ (AFI)

Substantivo masculino

vulto (sg: vulto; pl: vultos)

  1. Volume ou tamaño dunha cousa.
    • Exemplo: Polo vulto do paquete, calculo que debe ser un paraugas

      .
  2. Elevación na superficie de algo ou dureza no interior dalgunha cousa.
    • Exemplo: Saíulle un vulto na cara. Dentro do colchón hai un vulto.

  3. Obxecto grande ou conxunto de obxectos envoltos e preparados para seren transportados.
    • Exemplo: Cargaron os vultos no camión.

  4. Obxecto ou masa que se percibe de forma pouco precisa debido á distancia, á falta de luz, etc.
    • Exemplo: Vin moverse un vulto entre as árbores.

Observacións

Naacepción son sinónimos fardo e paquete.

Termos relacionados