[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

seco

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
  • Pronuncia: [ˈse.kʊ] (AFI)

Adxectivo

seco (ms: seco; mpl: secos; fs: seca; fpl: secas)

  1. Carente de humidade.
  2. [Clima, país, rexión, etc.] que se caracteriza pola escaseza de chuvias e humidade.
  3. [Cabelo, pel, etc.] que produce poucas secrecións.
  4. Que non deixa opción a réplica.
  5. [Son] que non resoa.
  6. [Bebida] de sabor pouco ou nada doce.
  7. (Figurado) Sen acompañamento.
    • Sinónimos: .
  8. De pouca carne.
  9. Pouco amable.
  10. (Alimentación) Dise do viño que ten un contido de azucre residual inferior a 5 g/l.
  11. (Alimentación) Dise do viño espumoso que ten un contido de azucre residual entre 17 e 35 g/l.

Verbo

seco

  1. Definición impropia: primeira persoa do singular do tempo presente do verbo «secar».

Verbo

seco (ms: seco; mpl: secos; fs: seca; fpl: secas)

  1. Definición impropia: participio irregular do verbo «secar».


Portugués

Adxectivo

seco (ms: seco; mpl: secos; fs: seca; fpl: secas)

  1. Seco.