libre
Aparencia
- Etimoloxía: do galego-portugués livre, libre, do latín liber.
- Pronuncia: /ˈliβɾe̝/ (AFI)
libre (sg: libre; pl: libres)
- Que non está baixo o dominio de ninguén.
- [Obra intelectual ou expresión de coñecemento] que calquera pode estudar, usar, copiar e modificar para calquera fin.
- Observacións: Existe unha definición máis completa en freedomdefined.org/Definition/Gl.
- Exemplo: Todo o contido do Galizionario é libre.
- Sinónimos: ceibe, ceibo.
- Que pode obrar ou decidir segundo a súa propia vontade.
- Sinónimos: independente, soberano, emancipado.
- Que non está ocupado ou sendo usado.
- Sinónimos: desocupado, dispoñible.
- Que carece de restricións ou limitacións.
- Que se excede no seu comportamento, que non pon freo á súa conduta, en termos morais ou xurídicos.
- Tempo de lecer, o que non se ocupa traballando.
- Dito dun lugar, que está sen obstáculos, que se pode pasar a través del.
- Que non se suxeita a normas ou estilos preestablecidos.
- Falando de traducións, que non corresponde fielmente ao orixinal.
- Que non casou nin ten parella.
- (Deportes) Competencia na que o estilo o escolle o participante.
Traducións
- Alemán: frei (de)
- Castelán: libre (es)
- Estoniano: vaba (et)
- Francés: libre (fr)
- Inglés: free (en)
- Portugués: livre (pt)
- Pronuncia: /ˈli.bɾe/ (AFI)
libre (ms: libre; mpl: libres; fs: libre; fpl: libres)
- Pronuncia: /libʁ/ (AFI)
libre (ms: libre; mpl: libres; fs: libre; fpl: libres)
Categorías:
- Galego
- Entradas en galego derivadas do galego-portugués
- Entradas en galego derivadas do latín
- Entradas en galego con etimoloxía
- Entradas en galego con transcrición fonolóxica
- Adxectivos en galego
- Deportes en galego
- Castelán
- Entradas en castelán derivadas do latín
- Entradas en castelán con etimoloxía
- Entradas en castelán con transcrición fonolóxica
- Adxectivos en castelán
- Francés
- Entradas en francés derivadas do latín
- Entradas en francés con etimoloxía
- Entradas en francés con transcrición fonolóxica
- Entradas en francés con son
- Adxectivos en francés