[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

colocar

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego

Verbo transitivo

colocar

  1. Poñer a alguén ou a algo no seu debido lugar, con coidado ou dunha determinada maneira.
    • Exemplo: Coloquei os pratos lavados no seu andel. O tenente colocou aos soldados nun lugar estratéxico

      .
  2. Proporcionar un emprego a alguén.
    • Exemplo: Colocou ao seu sobriño na súa empresa

      .
  3. (Figurado) Procurar a alguén unha posición ou emprego que lle permita vivir máis ou menos ben.
    • Exemplo: Colocou ben a todos os seus sobriños

      .
  4. Encontrar mercado para algún produto.
    • Exemplo: Puido colocar as súas conservas en todos os supermercados do país

      .
  5. Investir diñeiro.
    • Exemplo: Colocou seus aforros en accións de bancos e de eléctricas

      .
  6. (Coloquial) Dito do alcohol ou dunha droga prohibida, causar un estado de euforia a alguén.
    • Exemplo: Estaba tan colocado que non se decataba de nada

      .
  7. (Coloquial) e (Figurado) Conseguir que alguén acepte unha cousa que é difícil vender ou da que é difícil desfacerse.
    • Exemplo: Por fin coloquei aquel sofá tan horrible

      .

Observacións

  1. Naacepción son antónimos descolocar e desordenar.
  2. Naacepción é sinónimo empregar.
  3. Naacepción é sinónimo vender.
  4. Naacepción é sinónimo investir.
Galego

Verbo pronominal

colocar

  1. Coller unha persoa emprego nalgún lugar.
    • Exemplo: Colocouse nun banco

      .
  2. (Coloquial). Dito dunha persoa, poñerse baixo os efectos do alcohol ou dunha droga prohibida.

Observacións

  1. Naacepción é sinónimo empregarse.