[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

ou

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
  • Pronuncia: /ow/ (AFI)

Conxunción

ou

  1. Con valor disxuntivo expresa unha alternativa.
    • Exemplo: Queres que ceemos ou queres que baixemos?, Flores amarelas ou brancas.

  2. Entre dúas cifras pode indicar avaliación aproximativa.
    • Exemplo: Serían as dúas ou dúas e media.

  3. Despois dunha afirmación expresa rectificación, explicación, etc., do que se vén de dicir.
    • Exemplo: O avó é carpinteiro, ou foino.

  4. Indica que as formas que une designan a mesma cousa.
    • Exemplo: O sabugueiro ou bieiteiro considerábase árbore sagrada.

  5. Nexo de dúas cláusulas, cando a primeira expresa unha orde ou consello, e a segunda as consecuencias de non seguilo.
    • Exemplo: Ou o deixas saír ou te denuncio, ¡Sácateme de diante ou arréoche!

  6. Introduce unha explicación ou xustificación da afirmación que se acaba de facer.
    • Exemplo: Tan incompetente non é, ou non a chamarían.

Traducións


Interxección

  • Etimoloxía: Onomatopeia
  1. Expresión de admiración, sorpresa, dor.
    • Exemplo: ¡Ou, que guapa estás!

  2. Exclamación para chama-la atención dalguén.
    • Exemplo: Ou, ti, ¿que fas?

  3. Partícula que reforza as interrogacións.
    • Exemplo: ¿Estarás contento, ou?

Traducións




OU símbolo

"OU" (en maiúsculas) é o distintivo das antigas matrículas de automóbiles para Ourense; a súa implementación estivo envolveita en polémica debido a que foi unha esixencia cidadá (axudada polos propios impresores de placas) que se elevou a rango de lei coa oficialidade a nivel estatal da denominación galega e catalá das capitais provinciais. Xunto con "OU" cambiáronse "IB" (de Illas Baleares) e mais "GI" (de Girona), pero a súa influencia mediática foi atenuada pronto polo cambio de codificación nas matrículas.
A principal campaña con repercusión social levouna a cabo a Mesa pola Normalización Lingüística. Na cidade das Burgas, a reivindicación realizouse con adhesivos que mesmo se superpuñan ó "OR" orixinal da placa. (v. tamén polémica do Seat Arosa).
Catalán
  • Pronuncia: /ˈɔw/ (AFI)

Substantivo masculino

ou (sg: ou; pl: ous)

  1. Ovo.
Francés

Conxunción

ou

  1. Ou.
Portugués

Conxunción

ou

  1. Ou.