[go: up one dir, main page]
More Web Proxy on the site http://driver.im/Saltar ao contido

ruminante

do Galizionario, dicionario galego na Internet.
Galego
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «ruminante».
  • Pronuncia: /rumiˈnante̝/ (AFI)

Adxectivo

ruminante

  1. (Zooloxía) Que remoe a comida.
    • Exemplo: A vaca e o boi, a cabra, a ovella ou o cervo son animais ruminantes; o cabalo, non.


singular plural
ruminante ruminantes


Substantivo masculino plural

ruminantes

  1. (Zooloxía) Suborde de mamíferos artiodáctilos, que regurxitan o alimento para mastigalo por segunda vez (remoeira). Caracterízanse polo especial desenvolvemento do aparato dixestivo, cun estómago composto dividido en catro cámaras: rume, barrete, libro e calleiro.
    • Exemplo: Ser vaca nunca foi doado, pero ela, que noite tras noite escoitaba os veciños de cuarto, xa case prefería a súa condición de ruminante irracional.

      (Xosé Turnes Paredes: A vaca en Galicia)

Substantivo masculino

ruminante

  1. (Zooloxía) Individuo da Suborde dos ruminantes.

Termos relacionados

Traducións


Italiano

Substantivo masculino

ruminante

  1. Ruminante.